Saltar ao contido

Convención de Londres de 1861

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benito Pablo Juárez García, Presidente de México

A convención de Londres foi un acordo diplomático asinado pola raíña de España, Isabel II; o emperador de Francia, Napoleón III; e Vitoria, raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, o 31 de outubro de 1861 como resposta á lei de suspensión de pagos promulgada polo presidente de México, Benito Juárez, o 17 de xullo dese mesmo ano, cuxo primeiro artigo dicía: “Desde a data desta lei, o Goberno da Unión percibirá todo o produto líquido das rendas federais, deducíndose tan só os gastos de recadación das oficinas recadadoras, e quedando suspensos polo termo de dous anos todos os pagos, incluso o das asignacións destinadas para a débeda contraída en Londres e para as Convencións estranxeiras.”[1][2]

O obxectivo da convención de Londres era demandar a México unha protección máis efectiva para as persoas e propiedades dos seus súbditos, así como o cumprimento das obrigacións contraídas cara a estes.[3] A chegada dos seus ministros plenipotenciarios a México deu lugar aos Tratados preliminares de La Soledad e á Segunda intervención francesa en México.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2011. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  2. SEP. México 2010. 200 años orgullosamente mexicanos.
  3. https://es.wikisource.org/wiki/Tratado_de_Londres_(1861)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • FIGUEROA ESQUER, Raúl. "Las relaciones exteriores de México (1821-1855)". Siglo XIX. Instituto Tecnológico Autónomo de México. 
  • VÁZQUEZ, Josefina. "Los primeros tropiezos (1821-1855)". Siglo XIX. Instituto Tecnológico Autónomo de México.